Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 51/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 51/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Paula da Silva Aquino contra José Gómez Taboada, Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Sentenza: 601/2016.

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 51/2016.

Demandante: Ana Paula da Silva Aquino.

Letrado: Sr. Pousa Meréns.

Demandado: José Gómez Taboada.

Fogasa.

Sentenza nº 601/2016.

A Coruña, 18 de outubro de 2016.

Decido:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Ana Paula da Silva Aquino contra José Gómez Taboada e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, por elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta disposición. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 959,97 euros;

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 42,67 euros €/día;

3º. O Fogasa deberá pasar polo disposto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Gómez Taboada, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza