Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 476/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3, reforzo, da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 476/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Melina Lorenzo Couto contra a administración concursal de Imaxen Dous Peluquerías, S.L., Imaxen Dous Peluquerías, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3, reforzo, da Coruña.

Sentenza: 134/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 476/2015.

Demandante: Melina Lorenzo Couto.

Letrado: Sr. Pérez López.

Demandados: Imaxen Dous Peluquerías, S.L.; administración concursal de Imaxen Dous Peluquerías, S.L., comparece administradora Sra. Pedreira Ferreño, e o Fogasa.

A Coruña, 6 de abril de 2016.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Melina Lorenzo Couto fronte a Imaxen Dous Peluquerías, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 10.991,68 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 26,99 euros/día.

3º. O Fogasa e a administración concursal da demandada deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Imaxen Dous Peluquerías, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza