Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración de electrocardiógrafos, desfibriladores e guindastres para mobilización de pacientes.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: Casetas de Administración. Planta baixa. Rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Telefono: 988 38 59 50.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-16-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de electrocardiógrafos, desfibriladores e guindastres para mobilización de pacientes, destinados á EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: ver número 2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: ver número 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: ver número 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33123200-0, 33182100-0, 33192600-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver número 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: noventa e dous mil oitocentos noventa e dous euros con cincuenta e seis céntimos (92.892,56 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: noventa e dous mil oitocentos noventa e dous euros con cincuenta e seis céntimos (92.892,56 €).

b) Importe total: cento doce mil catrocentos euros (112.400,00 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver alíneas d) e e) da cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo segundo día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto -3, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende convidar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver número 5.5.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 5ª planta do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura do sobre B publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

12. Outras informacións:

Ourense, 25 de outubro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras