Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50136

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO do convenio de execución do plan parcial do sector do solo urbanizable S-15 do Plan xeral de ordenación municipal.

Con data do 23 de agosto de 2016, foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico para a execución do plan parcial do sector de solo urbanizable S-15 Travesía do Porto norte do PXOM por José Manuel Miñones Conde, alcalde do Concello de Ames, e Ana María Alonso del Río en representación de Montesgal, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais (Departamento de Urbanismo), en horario de atención ao público, e poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Ames, 30 de setembro de 2016

José M. Miñones Conde
Alcalde