Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 3 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5275 Candas, sito nos concellos da Gudiña e A Mezquita (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.275.

Nome: Candas.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: David Fernández Grande Investroc, S.L.

Enderezo: rúa Pontevedra nº 4, planta 4ª, 36201 Vigo (Pontevedra).

Data de solicitude: 22 de xullo de 2016.

Cuadrículas: 15.

Recursos: recursos de sección C, granito ornamental.

Concello: A Gudiña, A Mezquita (Ourense).

Designación:

Vértices

Longitude

Latitude

Pp-1

7º 06’ 00”

42º 00’ 40”

2

7º 03’ 20”

42º 00’ 40”

3

7º 03’ 20”

42º 00’ 00”

4

7º 04’ 20”

42º 00’ 00”

5

7º 04’ 20”

41º 59’ 40”

6

7º 05’ 00”

41º 59’ 40”

7

7º 05’ 00”

42º 00’ 20”

8

7º 06’ 00”

42º 00’ 20”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de outubro de 2016

Alfonso T. Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense