Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación 115/2007, no concello de Neda.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA A Lobeira, no concello de Neda (expediente 115/2007), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 115/2007.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA A Lobeira.

Concello: Neda.

Predio

Depósito

Titularidade

Incidencia

22

3465/2016

Ángel Otero Lamas

Enderezo ignorado