Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00069-O-2016 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador número OU-00069-O-2016 e sete máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe, conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987,do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ourense, 14 de outubro de 2016

P.S. (Resolución do 23.8.2016)
Gerardo Álvarez Reza
Xefe accidental do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00069-O-2016

6310-HPV

Manzano García, S.L.

B32306565

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

1.12.2015; 17.10; OU533; 16,8

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00208-O-2016

OU-0572-P

Pizarras Lomba, S.L.

B32017501

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

1.2.2016; 10.33; OU-P-00; 1,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00281-S-2016

8104-CMM

Delmiro Oliveira González

34932691S

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.

7.12.2015; 9.56; Vilarchao (Coles)

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00376-O-2016

6165-FBM

Mares del Sur Gallego, S.L.

B94089224

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

2.3.2016; 13.12; A52; 202,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00377-O-2016

6165-FBM

Mares del Sur Gallego, S.L.

B94089224

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

2.3.2016; 12.50; A52; 202,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00480-O-2016

6497-GZC

Íñigo Bravo Ugarte

44553593V

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas) Máis de 90 horas ata 100 horas.

10.3.2016; 9.31; A-52; 202

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00488-O-2016

5180-CMD

Francisco Álvarez Feijoo

34965403K

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

9.3.2016; 17.15; A-52; 181,3

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00554-O-2016

2452-CTG

Porfirio Martínez López

10031102C

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

7.4.2016; 11.38; A-52; 249

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros