Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00873-O-2016 e trece máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador número OU-00873-O-2016 e trece máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentaren ou propoñeren as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 17 de outubro de 2016

P.S. (Resolución do 23.8.2016)
Gerardo Álvarez Reza
Xefe accidental do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00873-O-2016

5570-CWV

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

18.5.2016; 9.45; A52; 241,7

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-00885-O-2016

M-0955-VL

Mario Gonzalo Saltos Flores

X4101077Q

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

7.4.2016; 10.30; A-52; 262

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-00897-I-2016

LU-8777-F

Comporense, S.L.

B32218687

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

10.6.2016; 10.50; estrada de Seixalbo

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00898-O-2016

5570-CWV

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

18.5.2016; 10.23; A-52; 241,7

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00913-O-2016

5570-CWV

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

18.5.2016; 9.51; A52; 241,7

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00914-O-2016

5570-CWV

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

18.5.2016; 10.29; A52; 241,7

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00923-O-2016

4826-DZW

Translogística Aragón 2013, S.L.

B99361073

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

20.5.2016; 11.30; A52; 181,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00976-I-2016

2072-DFF

Elva Rosario Soplatz Torres

54430177X

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

29.5.2016; 15.20; rúa Santo Domingo

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

OU-01011-O-2016

6553-HFD

José Carlos Álvarez Montenegro

34954351D

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

31.5.2016; 20.30; A-52; 150

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-01037-O-2016

5570-CWV

Ruibal Costa, Pedro

35477176K

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

19.6.2016; 20.44; A-52; 181,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-01050-O-2016

5064-CBT

Construcciones Mar do Morrazo, S.L.

B94071776

Carecer do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

10.6.2016; 12.37; A-52 193

Art. 140.20 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-01080-O-2016

7502-GLC

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Non levar inserido no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non conste en poder seu.

21.6.2016; 8.9; A-52; 240

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-01135-O-2016

6937-HBG

Logística Nusa, S.L.

B32442378

Diminución do descanso diario, en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas

27.6.2016; 19.00; N541; 32,3

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-01152-O-2016

VA-1904-AJ

Hormigones A Coroa, S.L.

B32426801

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

27.6.2016; 6.20; OU122; 0,2

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros