Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento da Resolución do 20 de setembro de 2016.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos, da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 20 de setembro de 2016, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a mencionada resolución.

O interesado poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 2º (As Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ou ben recurso potestativo de reposición ante o referido centro directivo no prazo dun mes.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 20 de setembro de 2016.

Interesada: Belén Castro González.

Último enderezo coñecido: praza Mestre Luis Fernández, 1, 3º B (Ourense).