Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50046

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de outubro de 2016 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Por tanto, esta consellería

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Agrupar_desagrupar: Rupturas da representación. 30 €.

Manuel Vilariño: Tectónica. 35 €.

Manuel Vilariño: Tectónica. 35 €.

Para dar trela. Manual práctico de fraseoloxía galega. 7,50 €.

Impulsores do movemento abstracto. Molezún, Mampaso, Labra, Caruncho. 1950-1970. 26,50 €.