Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración de equipamento de control de dosimetría física en radioterapia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-16-079.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento de control de dosimetría física en radioterapia para o Servizo de Radiofísica e Protección Radiolóxica.

c) Lotes (de ser o caso): dous.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33111000-1.

e) Acordo marco (se procede): –.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea: 6.7.2016. Diario Oficial de Galicia: 22.7.2016. Boletín Oficial del Estado: 27.7.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 239.371,90 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 239.371,90 euros. Importe total: 289.640,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 23.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 16.10.2016.

c) Contratista: PTW Dosimetría Iberia, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 233.680,00 euros. Importe total: 282.752,80 euros.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela