Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 49995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1030/2016-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-1030/2016-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU del BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 26 de outubro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1030/2016-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Puente Marrozos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Brexo-Lema, Outeiro, 6-A, Cambre.

Expediente: PSC-CO-1033/2016-PPM.

Persoa interesada: José Alberto Rebollido Triñanes.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Bodión, 17, Boiro.

Expediente: PSC-CO-1041/2016-PPM.

Persoa interesada: Arturo Rodríguez Agrafojo.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Ponte Nafonso, Noia.

Expediente: PSC-CO-1043/2016-PPM.

Persoa interesada: Samuel Lumbreras Campos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Vilaboa, 173, 5º I, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-1043/2016-PPM.

Persoa interesada: María Dolores Maneiro Santos.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: calexón dos Hórreos, 3, baixo, Porto do Son.