Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: ampliación CT Santo André.
Situación: Ribadavia.
Características técnicas:
Ampliación de potencia CT en caseta de obra civil Santo André (32C333) a 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 10.547,52 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 19 de outubro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense