Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2016/571-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña, 20, baixo, 36000 Tui.

Denominación: LMTS, CT área panorámica-CS Insalud.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1 de 215 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación área panorámica e final no centro de seccionamento Insalud. A instalación está situada na rúa Ourense, Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de dez (10) días, ao haberse acordado por esta xefatura territorial, con data do 13 de outubro de 2016, a tramitación polo procedemento de urxencia.

Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra