Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación do servizo de limpeza dos colexios públicos e escolas municipais de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Educación. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día 27 de novembro de 2016. d) Número de expediente: 3815-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: servizos. b) Descrición: prestación dos servizos de limpeza nos colexios públicos e nas escolas municipais dependentes do Concello de Vigo relacionados no anexo I do prego de prescricións técnicas particulares que rexe este contrato. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 4 anos. Prórroga: dúas prórrogas dun período máximo dun ano.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 12.240.333,02 euros (IVE engadido).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira:

– Declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

– Posuír a seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría 5.

b) Solvencia técnica e profesional:

– Unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, destes. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

– Posuír a seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría 5.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 2 de decembro de 2016. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: si. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Domicilio: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.500 euros.

Vigo, 21 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación