Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 30 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados, no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles a estas que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, e emitirase factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar, poranse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, no teléfono 982 41 77 67.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Glavieux Hubert

Blanco Vilas Virginia

033211932R

González Cuadrado Fernando

034243900M

Núñez Mateo Manuel Cristiano

010089292C

Martins da Silva Nuclecia

X06936272R

López López Edita

034223791K

Corporán Corporán Luz Marsiel

Villaverde Oyola Duna

052064229A

Rodríguez González Alicia

034258030J

Casas Baamonde María Emilia

002179185G

Macineani Dragan

001242404J

Diac --- Pavel

Rubio Álvarez Antonio José

031711687T

Morillo Álvarez Ruth

García Heres María

Madalina Andreea Medesan

Fernández Rodríguez Antonio

034214191N

Escudero Ramos Félix

011687610E

Melean Álvarez Luvia Lina

Y02127627A