Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a declaración de deserta da licitación do servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos clase II a), código LER 180104, específicos da actividade sanitaria, xerados no Hospital Arquitecto Marcide e no Hospital Naval.

Mediante a Resolución do 7 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, declárase deserta a licitación do servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos clase II a), código LER 180104, específicos da actividade sanitaria, xerados no Hospital Arquitecto Marcide e no Hospital Naval (expediente AB-ASF1-16-021), por falta de licitadores, ao non presentarse ningunha oferta.

O anuncio de licitación foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 163, do día 30 de agosto de 2016.

O texto da resolución pode ser consultado no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratación pública de Galicia.

Ferrol, 10 de outubro de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol