Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (395/2015).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 395/2015 deste xulgado do social se ditou resolución, con data do 18 de outubro de 2016, contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en forma a Fazeta Coruña, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza