Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 5 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2014/126-36.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpor recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14.00 horas.

– Expediente: 2014/126-36.

– Interesada: Elena Cid Fernández.

– Enderezo: descoñecido.

– Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 26 de agosto de 2016.

Vigo, 5 de outubro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo