Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de outubro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dun requirimento de documentación, en relación co procedemento de segundas adxudicacións de vivendas no concello de Vigo (Pontevedra).

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do requirimento deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia nº 7, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de outubro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas no concello de Vigo.

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

José Antonio Naveiro Rodríguez

DNI: ...267Q

Trámite de audiencia

Jorge Luis Zacarías Lovera

DNI: ... 810L

Requirimento de documentación

Lautaro Nicolás Zubiaga

NIE: ... 508S

Requirimento de documentación

Violeta Lamazares Carlín

DNI: ... 543S

Requirimento de documentación

Alassane Ndiaye Sene

NIE: ... 148Z

Requirimento de documentación

Noelia Ariadna Otero Fagón

NIE: ... 566Q

Requirimento de documentación

Gladys Durañona González

DNI: ... 516R

Requirimento de documentación

Laura Gabriela Valdez

NIE: ... 268V

Requirimento de documentación

Sandra Rey Ameijeiras

DNI: ... 148C

Trámite de audiencia

María del Carmen Martínez Orge

DNI: ... 650P

Requirimento de documentación

Mariana Facalet

NIE: ... 054Q

Requirimento de documentación