Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48965

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Vyatrans, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa Vyatráns.

En cumprimento do establecido no artigo 87 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar no domicilio social o día 25 de outubro de 2016, se acordou, por unanimidade de todos os socios, a disolución da cooperativa Vyatráns, S. Coop. Galega, e o nomeamento como liquidadores de Eloy Goyanes López, Antonio Goyanes López y Manuel López López.

Lugo, 26 de outubro de 2016

Eloy Goyanes López
Presidente de Vyatráns, S. Coop. Galega