Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 23 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a notificación no expediente 2013/156-32.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 176.bis.1 do Código civil, notifícaselle a Fernando Javier Feijóo Álvarez (34990014E) a Resolución ditada o 1 de setembro de 2016 polo xefe territorial e relativa ao expediente número 2013/156-32, por descoñecerse nesta xefatura territorial o seu último domicilio.

O exercicio do dereito á oposición polas persoas interesadas contra a resolución administrativa ditada no expediente citado rexerase polo disposto no artigo 172.2 do Código civil.

A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo. Teléfono: 988 38 65 84), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 23 de setembro de 2016

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense