Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT CT Ortoño, no concello de Ames (expediente IN407A 2015/267-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 24 de outubro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/267-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT CT Ortoño.
Concello: Ames.
Predio |
Lugar |
Titulares propostos |
Incidencia |
Data levantamento acta previa |
Hora |
1 |
Ortoño |
Herdeiros de Eduardo Casilla Gil |
Descoñecidos |
14.12.2016 |
11.15 |