Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 64/2015, do 12 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 12 de febreiro de 2015, pronunciou a Sentenza 64/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4586/2010, interposto por José Martínez Varela, José Antonio Senín García, Eloy Buceta Viñas, María Teresa García Esperón, María Ferreiros Magariños, María Generosa García Esperón, Manuel García Torres, Eva Losada Pallín, José Chenlo Magariños, Ana Lorenza Busto, Manuela Chenlo Magariños, Sandra Feiría Magariños, Juan Figueiras Portas, María de los Ángeles Figueiras Magariños, Manuel Chenlo Magariños, Adelina Viñas Feijóo e María de la Concepción Blanco Aguado, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por José Martínez Varela, José Antonio Senín García, Eloy Buceta Viñas, María Teresa García Esperón, María Ferreiros Magariños, María Generosa García Esperón, Manuel García Torres, Eva Losada Pallín, José Chenlo Magariños, Ana Lorenzo Busto, Manuela Chenlo Magariños, Sandra Freiría Magariños, Juan Figueiras Portas, María de los Ángeles Figueiras Magariños, Manuel Chenlo Magariños, Adelina Viñas Feijóo e María de la Concepción Blanco Aguado, contra a Orde do 15 de otubro de 2010, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se deu aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do concello de Valga, e anulamos as determinacións que contén o dito plan xeral referidas ao solo urbanizable de uso industrial SI-07 POL 01 e POL 02 e aos sistemas xerais viarios SX-VI 10 e SX-VI 11. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo