Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48833

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 17 de xuño de 2016, en que se adxudican as axudas da Orde do 17 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 17 de febreiro de 2016 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante GAIN), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

A Resolución do 17 de xuño de 2016 (DOG núm. 122, do 29 de xuño) adxudica as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo I.

No artigo 15 da orde de convocatoria indícase que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á GAIN, segundo corresponda, e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na correspondente listaxe de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2016. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

No caso das axudas financiadas co FSE deberán cumprirse as obrigas establecidas no artigo 16.3.b) da orde de convocatoria.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na GAIN,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Aceptar as renuncias ás axudas de apoio á etapa predoutoral das modalidades A e B presentadas polas entidades beneficiarias indicadas no artigo 2 da convocatoria correspondentes ás persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Aceptar as renuncias a permanecer na listaxe de agarda das persoas e entidades indicadas no anexo II.

Terceiro. Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas das listaxes de agarda das modalidades A e B que se relacionan no anexo III. Os novos contratos deberán formalizarse con data do 1 de novembro de 2016, e a súa duración será polo tempo restante de aproveitamento da axuda.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas por cada órgano instrutor entre as entidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións.

Modalidade A (universidades do SUG): 50 axudas.

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UDC

7

47.386,32

164.500,00

164.500,00

111.973,73

488.360,05

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

USC

27

204.213,95

634.500,00

634.500,00

446.092,20

1.919.306,15

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UVIGO

16

96.768,52

376.000,00

376.000,00

268.565,28

1.117.333,80

Total FSE

 

50

348.368,79

1.175.000,00

1.175.000,00

826.631,21

3.525.000,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

7

6.000,00

16.000,00

7.000,00

0,00

29.000,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

27

30.000,00

108.000,00

27.000,00

0,00

165.000,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

16

14.000,00

49.000,00

16.000,00

0,00

79.000,00

Total FP

 

50

50.000,00

173.000,00

50.000,00

0,00

273.000,00

Total (FSE + FP) 

398.368,79

1.348.000,00

1.225.000,00

826.631,21

3.798.000,00

Modalidade A (demais entidades): 8 axudas.

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

09.A3.561A.480.0

Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez

4

23.301,38

108.500,00

98.000,00

74.698,62

304.500,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Profesor Novoa Santos

4

35.594,44

107.000,00

98.000,00

62.405,56

303.000,00

Total

8

58.895,82

215.500,00

196.000,00

137.104,18

607.500,00

Modalidade B (universidades do SUG): 40 axudas.

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

8

39.447,50

176.500,00

172.000,00

116.101,13

504.048,63

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

24

207.471,74

570.000,00

516.000,00

335.947,21

1.629.418,95

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVIGO

8

40.447,50

190.000,00

172.000,00

120.584,92

523.032,42

Total

 

40

287.366,74

936.500,00

860.000,00

572.633,26

2.656.500,00

Modalidade B (demais entidades): 1 axuda.

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2016

2017

2018

2019

Total

09.A3.561A.403.0

Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

-

4.473,61

-

-

-

4.473,61

09.A3.561A.480.0

Fundación Biomédica Galicia Sur

1

-

21.500,00

21.500,00

17.026,39

60.026,39

Total

1

4.473,61

21.500,00

21.500,00

17.026,39

64.500,00

Quinto. Na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10 «Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente», prioridade de investimento 10.2. «A mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para persoas desfavorecidas», obxectivo específico 10.2.1. «Aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres».

Dado que a modalidade A destas axudas está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, infórmase á persoa ou entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) numero 1303/2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo FSE, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde a última xustificación, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á GAIN no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 11 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia de GAIN nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Román Rodríguez González

Francisco Conde López

Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

Presidente da Axencia Galega
de Innovación

ANEXO I

Renuncias ás axudas concedidas

Modalidade A.

Universidades do SUG.

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/153

USC

Álvarez

Coiradas

Elia

*****846H

2

Ciencias da Saúde

10,2800

ED481A-2016/087

USC

Fernández

Fondevila

Marcos

*****533T

2

Ciencias

10,0653

ED481A-2016/111

USC

López

Somoza

Lucía

*****361A

2

Ciencias

9,6061

ED481A-2016/314

USC

De la Iglesia

Rodríguez

Darío

*****741B

2

Ciencias

9,5744

ED481A-2016/179

USC

Valle

Regueiro

Javier

*****782G

2

Ciencias

9,3310

ED481A-2016/246

USC

De Coo

Diz

Alicia

*****026L

2

Ciencias

9,1405

ED481A-2016/047

USC

Vieites

Díaz

María

*****574S

2

Ciencias

8,9074

ED481A-2016/119

USC

Flament

Simon

Saskia Camille

*****824A

2

Ciencias da Saúde

8,8298

ED481A-2016/200

USC

Blanco

Ramos

Javier

*****596G

-

Ciencias da Saúde

8,3733

ED481A-2016/313

USC

Direito

Rebollal

Sabela

*****035D

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

8,3624

ED481A-2016/209

USC

Fernández

Martín

Silvia

*****444J

2

Ciencias da Saúde

8,1009

ED481A-2016/006

UVIGO

Rodríguez

López

Lorena

*****793D

-

Ciencias

9,1150

ED481A-2016/215

UVIGO

Chantada

Padín

Adolfo

*****611A

2

Enxeñaría e Arquitectura

8,2281

Outras entidades.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

IN606A-2016/001

Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez

Vázquez

Ríos

Abi Judit

*****107F

2

Ciencias

9,7875

IN606A-2016/008

Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez

Regueiro

Expósito

Cristina

*****379H

-

Ciencias

9,3452

Modalidade B.

Universidades do SUG.

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona
estadía

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/322

UDC

Rodríguez

López

Silvia

*****129A

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

9,5712

ED481A-2016/435

UDC

Maestro

Cortizas

Ana María

*****395K

-

Ciencias Sociais e Xurídicas

9,3795

ED481A-2016/072

USC

Otero

González

Uxía

*****416L

3

Artes e Humanidades

9,7213

ED481A-2016/183

USC

Vázquez

Rodríguez

Ana

*****816Y

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

9,5247

ED481A-2016/189

USC

Tortosa

Pujante

Belén

*****971X

2

Artes e Humanidades

9,4434

ED481A-2016/296

USC

Rey

Araujo

Pedro María

*****623X

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

9,4279

ED481A-2016/106

USC

Gerpe

Pérez

Enelina María

*****376Y

-

Ciencias Sociais e Xurídicas

8,2617

ED481A-2016/227

USC

Ibáñez

Beltrán

Luis Manuel

*****246A

2

Artes e Humanidades

7,9099

Outras entidades.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

IN606A-2016/022

Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC

Millán

Pascual

Rafael

*****085V

-

Artes e Humanidades

9,9229

ANEXO II

Renuncias ás listas de espera

Modalidade B.

Universidades do SUG.

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/235

USC

Varela

Rodríguez

Joel

*****882G

-

Artes e Humanidades

7,6894

ED481A-2016/144

UVIGO

Sánchez

Martínez

María Cristina

*****782Z

-

Ciencias Sociais e Xurídicas

7,6506

ANEXO III

Axudas das listas de espera concedidas

Modalidade A.

Universidades do SUG.

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/250

USC

González

Abril

Ana

*****074H

3

Ciencias

8,0840

ED481A-2016/273

UVIGO

Rueda

Ruzafa

Lola

*****790P

2

Ciencias da Saúde

8,0836

ED481A-2016/223

USC

Muñoz

Menéndez

Cristina

*****805G

2

Ciencias

8,0816

ED481A-2016/203

USC

Rodríguez-Morales

López

Beatriz Pilar

*****115X

2

Enxeñaría e Arquitectura

8,0735

ED481A-2016/172

USC

Pérez

López

Daniel

*****495P

3

Ciencias da Saúde

8,0569

ED481A-2016/310

USC

Pernas

Marín

Marina

*****187E

-

Ciencias

8,0491

ED481A-2016/277

USC

Areán

Varela

Néstor

*****768D

2

Enxeñaría e Arquitectura

8,0264

ED481A-2016/281

UVIGO

Pérez

Rodríguez

Gael

*****141Q

1

Enxeñaría e Arquitectura

7,9917

ED481A-2016/037

UVIGO

Castro

Sobrino

Laura

*****302P

-

Ciencias

7,9749

ED481A-2016/243

USC

Ferro

Santiago

Esteban

*****233S

2

Ciencias

7,9657

ED481A-2016/214

UVIGO

Castro

Jul

Fátima

*****154Q

2

Enxeñaría e Arquitectura

7,9612

ED481A-2016/265

UDC

Varela

Miguéns

Daniel

*****459C

-

Enxeñaría e Arquitectura

7,9533

ED481A-2016/270

UVIGO

Sieiro

Sampedro

Thais

*****407V

-

Enxeñaría e Arquitectura

7,9419

Outras entidades.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

IN606A-2016/003

Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez

Cordido

Eijo

Adrián

*****045Y

2

Ciencias

7,7028

IN606A-2016/002

Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez

Hita

Millán

Jesús

*****817R

2

Ciencias

7,6920

Modalidade B.

Universidades do SUG.

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona

Rama de coñecemento

Total

ED481A-2016/205

USC

López

Castro

Leticia

*****942H

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

7,6653

ED481A-2016/057

UVIGO

Martínez

Fontaíña

Rocío

*****690W

-

Ciencias Sociais e Xurídicas

7,6476

ED481A-2016/197

UDC

Galán

Rodríguez

Noelia María

*****002Y

-

Artes e Humanidades

7,6067

ED481A-2016/413

USC

García

Alonso

Adrián

*****072H

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

7,5934

ED481A-2016/038

UVIGO

Collazo

Álvarez

Sara

*****003R

3

Artes e Humanidades

7,5918

ED481A-2016/291

UDC

Vázquez

Ben

Lucía

*****866N

-

Ciencias Sociais e Xurídicas

7,5850

ED481A-2016/052

UVIGO

García

Freiría

Mónica

*****497K

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

7,5263

ED481A-2016/288

UDC

Rivadulla

Costa

Diego

*****957T

-

Artes e Humanidades

7,4439

Outras entidades.

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Rama de coñecemento

Total

IN606A-2016/014

Fundación Biomédica Galicia Sur

Blanco

Formoso

María

*****607B

-

Ciencias da Saúde

7,1427