Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de outubro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dun requirimento de documentación, en relación co procedemento de segundas adxudicacións de vivendas no concello de Pontevedra (Pontevedra).

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do requirimento deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 13 de outubro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO
Expediente: procedemento de segundas adxudicacións
de vivendas no concello de Pontevedra

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

María de Fátima de Oliveira

...607K

Trámite de audiencia

Kaltoum Errebh

...146Y

Trámite de audiencia

Francisco Javier Barreiro Barreiro

...758V

Trámite de audiencia