Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Bueu e da instalación portuaria de Beluso.

A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Bueu e da instalación portuaria de Beluso (Bueu, Pontevedra), en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. Dispoñen para isto dun prazo de 45 días, que se contarán a partir do día seguinte á data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais da entidade pública, situadas na praza de Europa, nº 5 A-6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º e 2º, 36002 Pontevedra, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará dispoñible na páxina web www.portosdegalicia.gal, na epígrafe de áreas temáticas/planificación.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia