Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se fai público o cofinanciamento do 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, dáse publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

Vantaxes da oferta seleccionada: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato.

a) Título: renovación da rede de saneamento e pluviais no núcleo rural de Picouto. San Cibrao das Viñas (Ourense).

Clave do expediente: M.16005.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 38.784,95 euros. Importe total: 46.929,79 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 38.397,10 euros. Importe total: 46.460,49 euros.

Empresa: Consernor, S.L.

b) Título: abastecemento ao núcleo de Vilaboa. A Veiga (Ourense).

Clave do expediente: M.16012.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 32.025,15 euros. Importe total: 38.750,43 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 29.703,33 euros. Importe total: 35.941,03 euros.

Empresa: Aopil, S.L.

c) Título: renovación de instalación de saneamento existente no núcleo rural de Castromao. A Veiga (Ourense).

Clave do expediente: M.16013.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 10.247,93 euros. Importe total: 12.400,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 10.145,45 euros. Importe total: 12.275,99 euros.

Empresa: Emergis Construcción, S.L.

d) Título: renovación de instalación de saneamento existente no núcleo rural de Pradolongo. A Veiga (Ourense).

Clave do expediente: M.16014.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 14.462,81 euros. Importe total: 17.500,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 14.390,50 euros. Importe total: 17.412,50 euros.

Empresa: Construcciones y Promociones Cruzval, S.L.

e) Título: renovación de instalación de saneamento existente no núcleo rural de Castromarigo. A Veiga (Ourense).

Clave do expediente: M.16015.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 10.247,93 euros. Importe total: 12.400,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 9.735,53 euros. Importe total: 11.779,99 euros.

Empresa: Edynor Myr, S.L.

f) Título: saneamento en Pradedo de Arriba. Guntín (Lugo).

Clave do expediente: M.16018.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base: importe neto: 31.993,96 euros. Importe total: 38.712,69 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Importe da oferta: importe neto: 28.304,28 euros. Importe total: 34.248,18 euros.

Empresa: Anllar Mantenimientos y Construcciones, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarano Augas de Galicia nun 17,50 % e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia