Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48810

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 8/2016).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 5 de setembro de 2016, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar os volumes, completar ou reaxustar as rasantes e concretar as condicións da composición da edificación na parcela E1B-E2, na rúa da Madeira do parque empresarial de Bértoa, de Carballo, promovido pola entidade Gallega de Mallas, S.L. O documento aprobado poderá consultarse na seguinte páxina web:

http://www.carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Así mesmo, faise constar que por oficio desta data remitiuse á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio copia dilixenciada –en soporte de papel e dixital– do estudo de detalle aprobado definitivamente, para os efectos previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Carballo, 9 de setembro de 2016

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde