Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para o fomento das frondosas caducifolias 12270108/2008 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que se sinalan no anexo os acordos de inicio dun procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda relativa aos expedientes de subvención número 12270108/2008 e 12270117/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro dos mencionados acordos de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entendense producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ás notificacións dos acordos de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 12270108/2008.

Interesada: Adela Pérez Tallón.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Tórdea, 26, 27120 Castroverde (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 12270117/2008.

Interesado: José Martínez López.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Diego Pazos, 56, 3º B, 27600 Sarria (Lugo).