Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 2 de novembro de 2016 Páx. 48537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade a unha resolución pola que se formula declaración de impacto ambiental e se outorga autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á seguinte resolución:

Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada número 2015-IPPC-70-305.

Proxecto: explotación avícola para 52.920 galiñas reprodutoras en Monte Lodoso

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Expediente número 2015-IPPC-I-70

Localización: concello de Friol

Data: 11.10.2016

Esta resolución pódese consultar na ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental