1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-56/2016.
2. Obxecto do contrato: servizos de reparación de danos, mantemento e reposición da rede de saneamento que fomente o emprego social e de calidade, así como unha xestión do servizo dunha maneira eficiente desde o punto de vista ambiental. Duración: dous anos prorrogables ata un máximo de catro.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación: 1.500.000,00 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 7 de novembro de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 5 de outubro de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Área de Economía, Facenda e Administración