Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-PO-0039/2014-MP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-PO-0039/2014-MP.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo onde a persoa interesada teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0039/2014-MP.

Interesado: Joaquín Lomba García.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: rúa Borreiros, 3-A, 36380 Gondomar, Pontevedra.