Por resolución da Alcaldía do día 10 de outubro de 2016 aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección, en réxime de interinidade, dunha praza de administrativo/a, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir vacante neste concello.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm.195, do 14 de outubro de 2016 (corrección de erros no BOP núm. 199, do 20 de outubro de 2016), aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión en propiedade da praza de que se trata, vacante no cadro de persoal municipal.
Esta praza ten as seguintes características:
– Grupo: C1; clasificación: Administración xeral; subescala: administrativa; clase: administrativo; número de vacantes: 1; denominación: administrativo/a adscrito/a á área de Secretaría-Intervención.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.
San Sadurniño, 20 de outubro de 2016
Secundino García Casal
Alcalde