Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 668/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Juan Antonio Regueiro Carreira contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., rexistrado como despedimento/cesamentos en xeral 668/2014, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 23 de novembro de 2016, ás 12.30 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza