Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de licenzas e actualización e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións da Xunta de Galicia (expediente 41/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de licenzas e actualización e soporte de produtos avanzados de xestión de bases de datos e servidores de aplicacións. Inclúense os despregamentos en calquera organismo ou ente do sector público autonómico de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 20.4.2016.

DOUE: 19.4.2016.

BOE: 21.4.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.301.652,89 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 1.301.652,89 € (un millón trescentos un mil seiscentos cincuenta e dous euros con oitenta e nove céntimos), máis 273.347,11 € (douscentos setenta e tres mil trescentos corenta e sete euros con once céntimos que corresponden ao IVE (21%), o que supón un total de 1.575.000,00 € (un millón cincocentos setenta e cinco mil euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21.6.2016.

b) Data de formalización do contrato: 13.9.2016.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe de adxudicación: 1.575.000,00€ (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia