Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato para o arrendamento con opción de compra e mantemento de dúas librarías informáticas (expediente AB-EIL1-16-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-16-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra e mantemento de dúas librarías informáticas de cintas LT06 para a Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, unha para o HULA e outra para o Hospital da Costa.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5.

e) Diarios oficiais e datas de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16.5.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 178.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 170.000,00 €. Importe total: 205.700,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2016.

c) Contratista: Técnicos Asociados Informática, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 98.899,04 €. Importe total: 119.667,84 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ver resolución no perfil do contratante.

Lugo, 3 de outubro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos