Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2016 Páx. 48317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de outubro de 2016 pola que se notifica reclamación de custos por danos ocasionados no dominio público portuario de Pontevedra (As Corvaceiras).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Laura Fervenza Ojea, con DNI 77466452, requirimento da Dirección de Portos de Galicia do 12 de xullo de 2016, para proceder ao aboamento de custos de reposición ocasionados no dominio público portuario de Pontevedra (As Corvaceiras), por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os danos nun tramo da varanda do porto producíronse polo accidente do día 5 de novembro de 2015, do vehículo con matrícula 2212BMN, segundo se reflicte en informe de accidente de circulación 679/2015, asinado polos axentes da Policía Local de Pontevedra cos números de identificación 221144 e 221154.

O importe a que ascendeu o custo de reposición da varanda foi de 834,90 euros, IVE incluído.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 96, 97 e 98 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade a que ascendeu o custo de reposición, que deberá realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa, e é susceptible de recurso de alzada, que deberá ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

  Clave de ingreso

  Entidade/Oficina/D.C./Número de conta

   2080 0394 17 3040004217

Ingreso en período voluntario

En metálico

Nome, apelidos ou razón social da persoa que fai o ingreso:

Laura Fervenza Ojea

Importe en letra:

Oitocentos trinta e catro con noventa euros

Importe en cifra:

834,90 €