Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 47964

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2016 pola que se fai pública a encomenda de xestión de execución do servizo para a redacción de trece proxectos de saneamento e abastecemento en distintos concellos de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 %, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file missing image file

A entidade pública Augas de Galicia procede a dar publicidade da seguinte encomenda de xestión realizada a unha empresa pública de conformidade co disposto na normativa que resulta de aplicación na materia:

1. Entidade encomendante.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Actuación: servizo.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encomenda de xestión.

Título: servizo para a redacción de trece proxectos de saneamento e abastecemento en distintos concellos de Galicia.

Clave do expediente: OH.988.383.

Descrición do obxecto: os traballos que se van executar consisten na redacción de determinados documentos técnicos no nivel de proxecto construtivo en relación con trece infraestruturas hidráulicas de saneamento e abastecemento.

Orzamento: importe neto: 98.537,69 euros. Importe total: 119.230,60 euros.

Data de formalización: 15 de setembro de 2016.

Prazo de execución: tres meses e medio con previsión de ampliación sen que poida implicar incremento do gasto.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

O obxecto desta encomenda de xestión será cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia