1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Deportes. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 15265-333.
2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: a execución das obras dos seguintes proxectos: instalación de pavimento deportivo elástico na pista vermella do complexo deportivo das Travesas; instalación de pavimento deportivo elástico no pavillón polideportivo de Teis. c) División por lotes e número de lotes: si, 2. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: tres meses (ambos os dous lotes).
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 219.999,99 euros (IVE incluído). b) Dotación por lotes:
– Lote 1: instalación de pavimento deportivo elástico na pista vermella do complexo deportivo das Travesas (107.278,25 euros).
– Lote 2: instalación de pavimento deportivo elástico no pavillón polideportivo de Teis (112.721,74 euros).
5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. Complementaria: a) Por un importe do 5 % do importe de adxudicación do contrato, no suposto de que a oferta adxudicada se corresponda cunha oferta cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada, e fose xustificada adecuadamente e admitida para a súa valoración. b) Cando o prazo de garantía ofertado polo adxudicatario sexa superior á media dos ofertados polos licitadores admitidos, segundo se estipula no número 10.b) das FEC.
6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:
• Declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.
• Posuír a seguinte clasificación: lote 1: grupo C, subgrupo 6, categoría 1; lote 2: grupo C, subgrupo 6, categoría 1; lotes 1 e 2: grupo C, subgrupo 6, categoría 2.
b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:
• Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicarase importe, datas e destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado deste.
• Posuír a seguinte clasificación: lote 1: grupo C, subgrupo 6, categoría 1; lote 2: grupo C, subgrupo 6, categoría 1; lotes 1 e 2: grupo C, subgrupo 6, categoría 2.
7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.
Vigo, 17 de outubro de 2016
O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación