Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural (expediente 14360006/2014 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dun procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda relativa aos expedientes de subvención números 14360006/2014 e 14360013/2014 (Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención número 14360006/2014.

Interesada: CMVMC de Cela.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Sabarigo 6, 36939 Bueu (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención número 14360013/2014.

Interesada: CMVMC de Alxán, Pedroxo e Laxial.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Alxán 61, 36691 Soutomaior (Pontevedra).