Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a ampliación dunha granxa de Villacela, S.C., no concello de Friol (expediente 2016-IPPC-I-49).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitar a autorización ambiental integrada dunha ampliación de explotación avícola. Villacela, S.C. Lamelas-Ousá-Friol-Lugo. Agosto 2015.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-I-49.

Peticionaria: Villacela, S.C.

Domicilio social e localización da instalación: Lamelas-Ousá, 27156 Friol (Lugo).

Actividade: ceba de pavos.

Descrición do proxecto: consiste en ampliar unha granxa, basicamente mediante a construción dunha nova nave e unha esterqueira, ata acadar unha capacidade de 51.074 prazas para pavos de ceba.

Verteduras: a auga dos aseos incorporarase ao medio por infiltración, despois de pasar por unha fosa séptica. As augas de limpeza irán a unha fosa estanca e as augas pluviais incorporaranse directamente ao medio.