Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de outubro pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, suxeito a regulación harmonizada, para a limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Ourense (área de Cultura): Arquivo Histórico Provincial de Ourense e depósito do Seminario Menor A Inmaculada, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e sala de exposicións de San Francisco, Museo Etnolóxico de Ribadavia e o seu depósito de fondos museográficos, Museo Galego do Viño e Biblioteca Pública de Ourense.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27470

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE núm. 2016/S 101-180611, do 27 de maio de 2016; DOG núm. 106, do 6 de xuño de 2016; BOE núm. 145, do 16 de xuño de 2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo para a limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial de Ourense desta consellería (área de Cultura): Arquivo Histórico Provincial de Ourense e depósito do Seminario Menor A Inmaculada, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e sala de exposicións de San Francisco, Museo Etnolóxico de Ribadavia e o seu depósito de fondos museográficos, Museo Galego do Viño e Biblioteca Pública de Ourense.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 115.705,79 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 5 de setembro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 29 de setembro de 2016.

c) Contratista: Iberclean Limpiezas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 98.970,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria