Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (217/2013).

Mariña Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 217/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Pablo Carreira Oroña, Alberto Feijóo Castiñeiras contra Norclisa Clima e Seguridade Integral, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou Sentenza con data do 5 de outubro de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Juan Pablo Carreira Oroña e Alberto Feijóo Castiñeiras, fronte á mercantil Norclisa Clima e Seguridade Integral, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e debo condenar a demandada ao aboanento ao Sr. Carreira Oroña da suma de 4.394,53 euros en concepto de salarios máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade e 8.178,71 euros en concepto de indemnización, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, sobre a devandita cantidade, calculados desde a data do despedimento e ao Sr. Feijóo Castiñeiras a suma de 4.394,53 euros en concepto de salarios, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade e 16.737,82 en concepto de indemnización, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, sobre a devandita cantidade, calculados desde a data do despedimento.

Debo absolver e absolvo ao Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Norclisa Clima e Seguridade Integral, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza