Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (457/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 457/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Castiñeiras Cendal contra a empresa Excavacións Migasa, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Santiago Castiñeiras Cendal contra Excavaciones Migasa, S.L., debo condenar e condeno a entidade demandada a aboarlle ao demandante a suma de 5.102,37 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavacións Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza