Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (578/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 578/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Fernández Lozano contra Chocolatería Santa Catalina, S.L., Germán Rodríguez Conchado, Fondo de Garantía Salarial, Chocolatería Carballesa, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Lorena Fernández Lozano contra a entidade Chocolatería Coruñesa, S.L., Chocolatería Santa Catalina, S.L., e Germán Rodríguez Conchado e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 1 de maio de 2016, e condeno a entidade Chocolatería Coruñesa, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, co aboamento dos salarios de trámite (os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza) calculados a razón de 32,98 €/día; ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.355,72 €, da cal serían responsables solidarios Chocolatería Coruñesa, S.L., Chocolatería Santa Catalina, S.L. e Germán Rodríguez Conchado.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Chocolatería Santa Catalina, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza