Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47638

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO do 30 de setembro de 2016 polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2016/17 desta fundación.

Ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 9 de xuño de 2016, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2016/17, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto se pode consultar na seguinte páxina web (https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/).

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa