O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 28 de xullo de 2016, unha resolución en que se declaran ilegalizables as obras executadas en solo rústico, sen autorización autonómica, consistentes na construción dunha edificación para uso residencial, na estrada OU-101, p.q. 13,4, Rioseco, no termo municipal de Paderne de Allariz, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e se ordena a súa demolición.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Félix Novoa Álvarez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística