Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de outubro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/83/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de agosto de 2016, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/83/2014-RP1 en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na instalación dunha caseta prefabricada con tipoloxía «oficina-obra», sita no lugar do Porto do Río, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María José Vizoso Villares, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle a interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte desta publicación.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística