Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2016 Páx. 47610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica un trámite de audiencia da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense), devolto polo servizo de Correos.

Por este aviso, e en cumprimento do establecido nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ter sido devolta polo servizo de Correos, notifícase á interesada cuxos datos persoais e último enderezo coñecido figuran no anexo o trámite de audiencia realizado, en relación coa proposta de modificación pola cal se suprime o camiño que no acordo separa o predio 1302 do 1303 e 1304 e remata no predio 1305 da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense), cuxa proposta de modificación a afecta e foi devolta polo servizo de Correos.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 11 de outubro de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Destinataria: Ana Cristina Encarnación Minerly García.

Enderezo: nº 305, 5º, Tillman, Staten Island-NY, USA.

Acto notificado: «como consecuencia da modificación do camiño que no acordo separa o predio 1302 do 1303 e 1304 e remata no predio 1305 vese afectada a configuración do predio nº 1307, que queda coa mesma superficie e valor en puntos, na zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense), e ponse en coñecemento da persona mencionada que se propuxo a modificación que se cita e que lle interesa.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día siguiente ao da data de recepción desta notificación, poderá alegar todo canto considere conveniente. En caso de non recibir constestación, entenderase a súa completa conformidade coa modificación proposta, que non será efectiva ata que reciba a correspondente notificación da resolución da proposta de modificación.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (r/ Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo) en Ourense. Teléfono: 988 38 65 09.

Modificación proposta: modificar o Acordo de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense) no senso de suprimir o camiño que no dito acordo separaba o predio 1302 do 1303 e 1304, rematando no predio 1305, polo que se ve afectada a configuración do predio nº 1307, que queda coa mesma superficie e valor en puntos, tal e como se reflicte no plano que a seguir se achega».